12 mar. 2013

Linguaxe musical

LIM de linguaxe musical:

As figuras e os silencios

Aquí tedes unha aplicación para practicar coas figuras e os silencios:

25 mar. 2011

Bailador, 2º e 3º ciclos

Aquí tedes a canción do mes, Bailador de Berrogüetto, esperamos que vos guste tanto como a nós:


Bailador, baila con ela,
bailador, baila con ela,
que che ten unha cariña,
parece unha madalena.
Bailador...

Fuches entrando no baile,
fuches entrando depresa,
antes que do baile saias
has de quitar a camisa.
Antes...

Para a semana que vén,
hei de arar a miña roza,
rego abaixo, rego arriba,
coa miña vaquiña roxa.
Rego...

15 oct. 2010

Canción do Samaín

Aquí tedes un vídeo coa canción do Samaín de "Mama Cabra" (Cd "Patatín patatán". O vídeo foi elaborado polo equipo da biblioteca do CEIP Mestres Goldar.

8 oct. 2010

27 nov. 2009

Sta. María estrela do día


Ola a todos e a todas:

Para os nenos e nenas de 6º, aquí tedes como vos prometín a música e partitura da cantiga "Sta. María estrela do dia" que estamos aprendendo coa frauta en clase. Vede ben a partitura e decídeme: que diferencia hai entre esta e a que vos din eu?